sábado, 22 de noviembre de 2014

SketchUp! - Mi pieza en 3D

 Hola a todos/as.

 A continuación os voy a enseñar el resultado final de la pieza en 3D que he creado con mi compañero Antón Seijas en el programa Google SketchUp en clase de informática y los pasos que he seguido para crearla.


 Primero, el profesor nos dio una pieza que tuvimos que representar en 3D en el programa antes mencionado. La pieza es esta:


      






Las medidas de la pieza son de 12x12.











 A continuación, dibujamos a mano alzada las tres vistas principales de la pieza (alzado, planta y perfil):



 Después, miramos en youtube un vídeo tutorial de Antonio Lomba en el que enseñaba lo esencial para poder utilizar este programa.

 Por último, creamos la pieza en el programa y la acotamos, y este fue el resultado final:



Un saludo.

Yo de mayor quiero ser...

Hola a todos/as. 

Hoy os voy a enseñar una presentación en la que podréis observar los diferentes pasos que debo seguir para, en en futuro, poder trabajar de Ingeniero Informático. Para hacer este trabajo busqué información relacionada con este tema y luego hice esta trabajo en una Presentación de Google.

Espero que os guste.


Tweet - #culleredopolobotrato

Hola a todos/as.

Debido a que el martes 25 de noviembre es el día contra la violencia de género, publiqué en Twitter este tweet. Yo creo que algún día se podrá acabar con este gran problema que tiene ahora nuestra sociedad.

Un saludo.

jueves, 20 de noviembre de 2014

Ciencia que conta

Hola a todos hoy os voy enseñar un texto de la pasada edición del concurso Ciencia que conta, pero con distintos enlaces a direcciones web en algunas palabras importantes o desconocidas.    
Para realizar este trabajo seguí los siguientes pasos:  
1º Copié el texto de a un archivo de Google Docs.
Compartí con mi profesor un archivo de texto en Google Drive que contenía el relato.
3º Por último introduje los enlaces y publiqué el texto en esta entrada de mi blog.

Espero que os guste.


Un mar embravecido
Eneritz Somoza Rodríguez
IES Carlos Casares (Vigo)

 Ía calor. Aquela praia ao carón da desembocadura do río Naranjo asemellaba deserta. Os seus pais decidiran viaxar ata alí xunto ao resto da familia, mais ela non entendía por que non facían igual que os demais compañeiros de clase e ían a un hotel paradisíaco poboado de xente. Escoitáralles aos seus pais dicir algo dunhas medusas e dun barco, mais estando ás agachadas non puido escoitar máis nada. Aborrecía tanta tranquilidade, todo o día ollando o horizonte no medio daquel lúgubre silencio. Seguro que o mar a comprendía e decidira manifestar a súa furia naquelas ondas embravecidas.

 Apetecíalle un baño. Era a única cousa máis entretida que ficar en silencio que podía facer naquel lugar. Os seus pais deixáranlle claro que non se podía bañar naquelas augas, que xa farían unha excursión á cidade e alí podería nadar sen perigo. Mais ela non lles fixo caso e, aproveitando que as ondas diminuíran en tamaño, botou a correr cara á auga. Estaba moi boa! Non coma en Vigo, a súa cidade, onde sempre que ía á praia a auga estaba conxeladiña. Comezou a nadar e a mergullarse, facendo equilibrios baixo a auga. Ela estaba inmensamente feliz, ata que oíu que alguén berraba o seu nome.

 —Uxía! –Era a súa avoa, María de los Ángeles, quen a chamaba– Volve! Esa auga é perigosa!

 Mais Uxía, noutro dos seus actos de rebeldía, fixo como se non a escoitase e botou a nadar máis lonxe, mentres oía a súa avoa berrarlle que volvese. Nadou e nadou sen decatarse da distancia que tería que percorrer despois, nin de que o mar volvese enfurecerse. Ela seguiu nadando, ata que de súpeto sentiu unha inmensa dor no nocello e botou un alarido. Intentou manterse flotando, pero case non o conseguía e, cando estaba a piques de afundir, apareceu o seu tío ás costas e remolcouna ata a beira. Unha vez alí, tombouna na area, onde o resto da súa familia a estaba a agardar, ansiosos. Ela só escoitaba palabras soltas: «correntes», «Lizzia», «época», «medusa»... Doíalle moito o nocello, e intentou incorporarse para ver a ferida, mais a súa avoa, que estaba observándoa atentamente, impediuno. Por outro lado apareceu a súa nai cun caldeiro de auga salgada nas mans, e comezou a vertela sobre a ferida. Proíalle moito, mais nada puido facer para evitar a dor. Escoitou a súa avoa dicirlle a alguén que trouxese un pano con xeo e ao resto da familia que non se preocupasen, que podían volver á casa. O seu tío apareceu con eles e marchou cara ao aloxamento, e deixounas soas.


 —Uxía, Uxía... Cantas veces che dixemos que esas augas non son coma as da cidade? Que pasaría de non chegar o teu tío a tempo? Dá igual. O feito, feito queda.


 —Pero, avoa –díxolle en ton de protesta a súa neta–, que querías que fixese entón, botar aquí todo o día co cu pegado á area? Non entendo por que tivemos que viaxar tan lonxe para ir a un sitio perdido.


 Ai, miña rula, pois claro que non o entendes. Iámosche dar unha sorpresa cunha historia que ata agora descoñecías, mais parece que a mesma historia decidiu que ese momento non tardase en chegar.

 —Que dis, avoa? Non te entendo. Explícate.

 —Por onde empezo? Ah! Xa sei. Non sei se te decataches, pero o que che picou no nocello foi unha medusa, exactamente unha Lizzia alvarinoae.

 —Unha que?
 —Unha Lizzia alvarinoae, unha medusa moi típica deste lugar.

 —Pero avoa..., como sabes ti iso?

 —Porque a descubrín eu.

 —Que? Avoa, como ías descubrila ti, se nunca dixeches nada?

 —Xa o sei, os demais sempre o souberon, pero decidimos esperar o momento adecuado para contarcho. Queres que che relate a miña historia?

 —Si, avoa! Cóntama, que debe ser moi interesante –dixo cando se lle pasou o enfado inicial. Estaba segura de que se trataba do que lles escoitara dicir aos seus pais, mais non dixo nada, e limitouse a escoitar.

 —Pois verás... Cando eu tiña máis ou menos a túa idade, comecei a interesarme pola oceanografía, en especial polo zooplancto. Desa maneira cheguei a Vigo, a cidade onde agora vives. Pouco despois, cando os meus coñecementos aumentaron, continuei a miña carreira nos Estados Unidos. Aínda lembro aquela mañá de primavera na que me chegou unha carta onde se me invitaba a ser a primeira muller en traballar nun barco de investigación británico.

 —Pero que dis, avoa! E eu sen saber nada disto! Avoa, segue coa historia, que teño moito interese en saber que pasou.

 —Como ti queiras. Varias semanas despois embarquei naquela aventura, xunto cun grupo de homes ata entón descoñecidos para min. Comezamos unha longa viaxe na que descubrimos unha chea de especies novas. Eu descubrín unhas vinte e dúas, mais a que máis me gustou foi
esta medusa, a Lizzia.

 —Vaia, cantas especies!

 —Si, a verdade é que non me esperaba ter tanta sorte, mais xa ves –sorriu e continuou relatando–. Tamén fun membro de varias asociacións científicas, americanas e hispanoamericanas. Decidín darlles clase a futuros biólogos mariños e tiven a oportunidade de dirixir a investigación dalgúns doutoramentos. Non sabes canto me divertín facendo o que me gusta: investigar bioloxía mariña!

Despois decidinme pola historia da ciencia mariña e os exploradores españois. Chamoume a atención a primeira expedición científica oceánica e, xa xubilada, dediqueime a investigala. A miña vida foi unha investigación moi intensa sobre a ciencia mariña, e tiven moi boas experiencias!

 —Guau! Que ben o debiches pasar! Agora xa entendo por que viaxamos ata aquí. –A nena ergueuse de súpeto e colleu a avoa pola man, non sen antes queixarse da dor que tiña no nocello–. Veña, avoa, imos á casa, que tes que contarme moitos máis detalles da túa historia.

 E así, Uxía, a neta de María de los Ángeles Alvariño González, decatouse de que, quizais, aquela viaxe pagase moito a pena.


jueves, 6 de noviembre de 2014

Audacity

Este es el trabajo que he hecho con mi compañero Antón Seijas con el programa Audacity.

 Lo primero que hicimos fue la conversación, para ello utilizamos el programa Audacity y grabamos nuestras voces con un micrófono. Una vez grabada, le aplicamos a la grabación un banco de sonido para que pareciese que estaba lloviendo. Exportamos el audio en formato mp3 y lo guardamos en nuestra carpeta en el ordenador. Después de esto subimos el archivo a SoundCloud para poder publicarlo en el blog.

 A continuación os dejo la grabación. Un saludo.

lunes, 3 de noviembre de 2014

Instalaciones de la Vivienda, Antón Seijas Vieites

Hola, soy Antón Seijas Vieites, el compañero de Informática de Martín. Como yo convalido esta asignatura al estar en el conservatorio, no tengo blog, por lo que Martín ha dejado que exponga mi trabajo en el suyo. En esta presentación, os enseñaré las instalaciones de mi vivienda, tales como las de electricidad, agua, gas, calefacción y comunicaciones. Las fotos las saqué con mi cámara, y el trabajo está hecho con Microsoft Power Point 2010, aun que lo subí a Slideshare.